Se non te queres ensuciar, o mandil e o gorro tes que colocar!
Antes de cociñar, as mans debes lavar!
DÍA A DÍA é unha liña editorial complementaria da colección MAKAKIÑOS, creada para achegar a lectura ás persoas
con necesidades de apoio educativo. Por primeira vez en galego, Nicolás cociña sen lume é un soporte no seu camiño por adquirir autonomía e intercomunicarse na contorna. Porque un pequeno paso de formiga pode converterse nun paso de xigante.
BATA é unha asociación que presta apoio a persoas con trastorno do espectro autista e ás súas familias.
O debuxo-palabra, a palabra-debuxo uniu mundos, acalmou espíritos e provocou sorrisos.
Desexamos que a colección MAKAKIÑOS continúe a romper barreiras de incomunicación e a estimular o camiño da lectura.